Buscar este blog

martes, 14 de febrero de 2017

LEOPOLDO DA BARREIRA. EMIGRADO DE SAN CIBRAO. 1862.


  
O xornal Gaceta de Galicia, do xoves 25 de marzo de 1897, publicaba unha noticia extractada do xornal El Eco de Galicia, revista mensual publicada na Habana.

A noticia era o relato das peripecias de Leopoldo da Barreira, que comezan no ano 1862, momento no que “llegó a Puerto plata, en la isla de Santo Domingo, un joven gallego de 23 años, natural de San Ciprián, llamado Leopoldo de la Barrera.
Dedicose al comercio, y tan bien le fue en sus especulaciones que al cabo de poco tiempo poseía una importante casa mercantil en aquella localidad.
Desde 1865, fecha del abandono de Santo Domingo a España, venía Barrera representando oficiosamente a nuestra nación en Puerto Plata, sin cobrar un céntimo; antes bien gastando fuertes sumas de su peculio para realizar mejor su importante misión.
Llegó el  año 1868, en que se dio en Yara el funesto grito de rebelión contra España.
Barrera estaba en constante comunicación con el capitán general de Puerto Rico, señor Sanz y el de Cuba señor Concha.
Puerto Plata era entonces el centro como la es hoy Tampa, del mas rabioso laborantismo. Barrera, con su vida amenazada en muchos casos, despreciando sus intereses y atento sólo al bien de la patria trabajó con abnegación sin igual para desbaratar los planes de los laborantes, durante siete años.
Era gobernador de Puerto Plata en aquella época un señor  J. Ortea, sujeto de malos antecedentes y vendido en cuerpo y alma a los rebeldes. Enemigo personal de Barrera y sabiendo que en breve llegaría el nombramiento de cónsul a favor de aquel se dedicó a perseguirle sin tregua antes de que su cargo le hiciese invulnerable.
Ortea no retrocedió. A la llegada de un correo se apoderó de la correspondencia dirigida á Barrera en la que figuraba el reconocimiento de una deuda de 9.500 pesos a favor de nuestro compatriota por el gobierno dominicano que se había incautado indebidamente de un cargamento de madera de la pertenencia de Barrera.
Entonces decretó la expulsión de éste en un plazo de dos horas, en el momento en que estaba recibiendo un cargamento importante que de Europa le enviaban.
No había medio de resistirse y así tuvo que cerrar su importante casa y revólver en mano con su afligida esposa del brazo, perseguido por las turbas de laborantes y afectos  a los rebeldes se refugió en un vapor alemán (…) del verdadero calvario que pasó el señor Barrera para hacer valer sus derechos desamparados por completo. En 1877 recurrió a don Alfonso XII después de haberlo hecho infructuosamente a los ministros.
En 1880 apela su esposa a la Reina exponiéndola la tristísima situación por la que atraviesa su familia desde la expulsión de su esposo enfermo entonces. Por fin en 21 de Diciembre de 1895 se recuerda con interés al Gobierno dominicano la reclamación pendiente. Veinticinco años transcurridos.
Durante esa época Barrera se ha hecho un viejo y poseedor de un capital de más de 200.000 pesos no tiene hoy con que pagar las matrículas de sus hijos”.

Como vemos este é un artigo pagado polo señor de la Barrera, senón pola súa propia man si pola dunha persoa afín, no que se enxalza a súa figura, calumniada ata o momento. Este mesmo artigo, palabra por palabra, saíu nos xornais El Áncora, do 3 de xullo de 1897; El Eco de Santiago, no seu número do 28 de marzo de 1897; na Gaceta de Galicia, do 25 de marzo, do cal o tomamos e no xornal El Pensamiento Gallego do 27 de marzo de 1897.
Agora quédanos por saber se o San Ciprián galego, patria de orixe de Leopoldo, é o noso San Cibrao mariñán.



Blog Encarna Lago aparecía un artigo publicado o 10 de outubro do 2010 no que se facía unha breve historia sobre a vila de San Cibrao e a súa vinculación mariñeira. A información que Encarna plasma foi recibida grazas á colaboración da Asociación de Veciños Mar de San Cibrao.

Segundo nos conta Encarna Lago no seu blog “A goleta Sargadelos foi unha das máis representativas dunha tradición constructiva que se prolongou no tempo. Tiña un porte de 56 toneladas netas de carga, 61 pes de eslora, manga de construcción de 19, manga de arqueo 16,5 e de puntal 9 pes e 8 polgadas. Foi construída en San Ciprián por Fernando Santamarina, a expensas de Ramón Cayetano Ramos Carril, administrador de Sargadelos, segundo consta na escritura da escribanía de Mariña do 22 de xullo de 1857. O barco foi taxado con todo en cen mil reais de vellón e matriculado o 26 de xuño do mesmo ano. O 4 de outubro de 1857 foi habilitado para mandar este buque como capitán Leopoldo de La Barrera[1].

Esta información asegúranos que un tal Leopoldo de la Barrera patroneaba a goleta Sargadelos no ano 1857, se lle facemos caso á información facilitada no primeiro artigo Leopoldo tería preto dos 21 anos, tal vez, un pouco novo para o cargo que ostentaba.

Se consultamos con atención o artigo inicial veremos que cando Leopoldo chega a Porto Rico, aló polo ano 1862, tiña 25 anos, logo debeu de nacer a finais do ano 1836 ou ben a principios do 1837.

Despois dunha fructífera consulta no Arquivo Diocesano de Mondoñedo atopámonos cunha partida de bautismo reveladora. Así vemos como o día 16 de novembro de 1836 o tenente cura da parroquia de Santa María de Lieiro anota o bautismo de un niño que nació la víspera, cosa de las quatro de la mañana, hijo de legítimo matrimonio de don Modesto Barrera y su mujer doña Francisca Pasarín y Valdés, moradores en el lugar de las Figueiras, de dicha parroquia de Lieiro, nieto por parte paterna de Don Diego de la Barrera y doña María Ignacia Luaces, aquel vecino de la villa de Ribadeo y ésta del lugar y parroquia de San Salvador de Salobre, en el concejo de Castropol y por materna de don Sebastián Pasarín, difunto, oriundo de San Pedro de Neire en el concejo de Burón y doña Ramona Valdés, natural de la villa de Madrid y parroquia de San Justo”.[2]

Despois dunha consulta nas hemerotecas virtuais podemos dar algunha que outra pincelada máis sobre a vida de Leopoldo.

Grazas a esta lectura sabemos que nas eleccións municipais celebradas no ano 1879 na cidade da Habana resultou gañador, por ampla maioría, o Partido de la Unión Constitucional, os votantes do séptimo colexio elixen entre outros a Leopoldo de la Barrera ( La Correspondencia de España, 1879, 5 de xaneiro).

No ano 1884 solicitaba, con outras persoas, á comunidade galega asentada en Cuba unha maior difusión sobre o Centro Galego da Habana. No xornal El Eco de Galicia, no seu número do 8 de febreiro, aparece a lista da nova directiva do mencionado Centro na que aparece o nome de Leopoldo.

O xornal  El Eco de Galicia no seu número do 7 de febreiro de 1886 danos a última noticia que atopamos sobre o noso protagonista: “ nuestro distinguido amigo y paisano don Leopoldo de la Barrera h asido nombrado agente local de la acreditada compañía  de seguros sobre la vida New York Life Insurance Company. En el Pasage número 9 tiene abierto su despacho”.

Desaparece así o noso protagonista pero non o seu nome, pois atopamos no ano 1934, dentro do Diario de la Marina, do 19 de decembro, xornal editado en la Habana, unha noticia que fai referencia a que un grupo de estudantes da Escola Profesional de Comercio buscaban firmas para solicitar a readmisión do profesor Rafael Huguet Montejo, un deses “jóvenes alumnos” é Leopoldo de la Barrera. Tal vez, con toda probabilidade, sexa un fillo ou un neto daquel mariñán que marchou do seu San Cibrao buscando as Américas e aló quedou.





[2] Arquivo Diocesano de Mondoñedo. Lieiro. Libro 5º de Bautismos. 1803 a 1853, Fol.., 232v e 233r.

No hay comentarios:

Publicar un comentario