Buscar este blog

miércoles, 27 de julio de 2016

O CONCELLO DE FOZ NO MES DE XULLO DO ANO 1936.

1934. Grupo de focegos diante do bar Capitolio. Cartel das xornadas de hª local da Pomba do Arco 2016.
Rematada a celebración en honra da Virxe do Carme o pobo de Foz preparábase para celebrar o día de Galicia, o Santiago. Polo peirao podíase ver pasear a Eduardo Abril Carnicero, encargado da administración da aduana focega, tal vez imaxinando a posibilidade de crear un cadro dramático con rapaces e rapazas de Foz. No mes de outubro dese ano cumpriría o seu soño, dirixindo un grupo de teatro que representa, no Salón Cinema de Mondoñedo, a obra “Los cuatro caminos”. Pouco podía sospeitar o señor Abril que o local da Aduana se convertería, nese mesmo mes de outubro, nun improvisado taller de confección de roupa de inverno, dirixido por Ramona Docampo de Santiso, que, con eficacia, confeccionaban prendas para as tropas subversivas.

Pouco podía imaxinar Xesús Cageao, o emprendedor - empresario focense, cómo ía rematar a grandiosa presentación que estaba a preparar para a súa derradeira empresa, o “Teatro Cageao”.

O xornal El Progreso (9 de xullo do 1936) infórmanos amplamente dos preparativos da fastuosa presentación en Foz “El Día de Galicia y festividad del Apóstol Santiago, el próximo 25, se inaugurará en la pintoresca villa de Foz el nuevo “Teatro Cageao”, de Jesús Cageao, situado en la carretera de la Costa. Es el nuevo coliseo un edifico esbelto y elegante. Tiene una capacidad para más de mil localidades. En uno de sus costados, sobre el pueblo, lleva el edificio una amplia terraza de nueve metros de largo por nueve de ancho, y hacia la parte posterior, sobre el escenario, una vistosa galería, abierta sobre la belleza de la ría y atalayando las incomparables perspectivas del Golfo del Masma. El aspecto de la sala es a la vez de una sencillez y elegancia no carente de un modernismo de buen tono. La celebrada agrupación coral “Frores e Silveiras”, que dirige el veterano y laureado maestro Luis Junquera, se trasladará el próximo 25 de Lugo a Foz, para, con una gran fiesta de arte, inaugurar el nuevo teatro fozense, dando dos conciertos, uno por la tarde y otro por la noche. Acompañando al medio ciento de coristas que integran dicha colectividad gallega, de la cual es presidente de honor nuestro gran poeta de la montaña Noriega Varela, a quien en Foz, tanto se quiere y admira, vendrán numerosos excursionistas de Lugo.

Teatro Cageao, parte traseira. Sacado do folleto da inauguración da nova librería Bahía.
Sabemos que la cultural deportiva fozense está al habla con destacados elementos futbolísticos del Sporting Club de la capital de la provincia, para organizar, antes del concierto de la tarde un animado partido de balompié en el campo de Ramos, de la alegre villa marinera. También sabemos que la C.I.T. de Lugo acaso aproveche la magnífica ocasión que se le brinda para realizar su proyectada visita a la antiquísima iglesia catedral de San Martín de Mondoñedo, cuyo monumento nacional levántase a tres kilómetros de Foz, frente a la famosa Fronseira, último baluarte del mariscal Pardo de Cela. Los excursionistas lucenses podían visitar San Martín por la mañana, antes de comer, para a la tarde asistir a los distintos actos que en honor de los lucenses Foz prepara. “Día de Lugo” llaman ya los fozenses al próximo 25; y esto da idea del entusiasmo que la excursión lucense aquí ha producido y dada la cordialidad con que los excursionistas serán recibidos. A este entusiasmo y a esta cordialidad es de esperar responda Lugo, con la misma animación y cariño.
El coro “Frores e Silveiras” y el Centro de Iniciativas y Turismo son los llamados a encauzar y organizar lo referente a esta simpática excursión.

Nada de todo isto se puido levar a cabo, a guerra trunca todos estes plans, e a presentación do novo cine teatro correo a cargo dunha película de cine.
Margarida Ledo Antón; "Fotografías desde donde el mundo se llama Galicia", Revista Latina de Comunicación.
Outro tema no que se andaba a cavilar pola Mariña de Lugo era a celebración da III Volta a Galicia, neste percorrido a cidade de Viveiro aspiraba a converterse en final de etapa. Para levar a cabo tan grandioso evento fórmanse unha serie de comités locais, compostos por persoas vinculadas ao deporte, que teñen como fin solucionalos problemas que o paso da Volta a Galicia poda ocasionar : “San Miguel de Reinante: Presidente don Isidro Martínez Murias; vocales: don José María Vaamonde y don José María Iglesias.Foz: En este pintoresco pueblecito quedó encargado de formar Comité el destacado deportista don José Mel, persona que goza de gran prestigio, viejo colaborador de la Vuelta en anteriores ediciones”. (El Pueblo Gallego, 1936, 14 de xullo).

O Comité local de Viveiro aspiraba a que a súa  cidade se convertese en final de etapa da volta do ano 1937: “el Comité local de Vivero ha solicitado ya que se incluya a esta localidad como final de etapa para la Vuelta del año 1937, pouco se podían imaxinar o que ía acontecer. Al frente del Comité de Vivero figura el buen vigués y gran galleguista Xavier Soto Valenzuela, actualmente teniente alcalde de la pintoresca villa lucense, lo que por si solo constituye una garantía de que Vivero responderá cumplidamente al llamamiento del Comité Central”.

Soto Valenzuela era edil en Viveiro e foi un dos cinco republicanos viveirenses fusilados o día 17 de decembro de 1936.

Anteriormente mencionamos a don Xosé Mel como unha das persoas impulsoras da volta ciclista a Galicia, sobre este home podemos dicir que nace no Valadouro e que en 1920 formaba parte da comisión de festas do seu pobo “los distinguidos escolares don Benito Cancio y don José Mel Pérez”. Tras rematar os seus estudos de medicina exerce o cargo de médico no concello de Abadín, polo menos entre os anos 1924 e 1925, tal e como podemos ver nos xornais El Ideal Gallego (1924, 6 de febreiro) e El Progreso ( 1925, 10 de novembro), respectivamente.

No ano 1929 aparece formando parte da xunta inspectora do Pósito de Pescadores de Foz, compartindo cargo co cura párroco Xosé Louro  e co mestre Manuel Lugilde.

Tres anos despois, en 1932, Mel ocupaba o cargo de médico do Pósito de Pescadores: “para cuyo desempeño fue designado con 3000 pesetas anuales el culto médico de esta villa don José Mel”, ( El Progreso, 1932, 22 de abril).

Era un home amigo da cultura e así o vemos dando un discurso en Adelán con motivo da inauguración da casa escola desa parroquia “que acaba de construír la Sociedad del Valle de Oro de la Habana”, na súa intervención Mel falará “de la labor ímproba de los emigrados gallegos en América”, (Vallibria, 1933, 12 de novembro). Tamén o atopamos colaborando economicamente  no ano 1934 para a realización do monumento en honor a Concepción Arenal, aportaba Mel a cantidade dunha peseta, a mesma cantidade foi aportada por Xesús Cageao. Mel será o primeiro alcalde republicano, elixido democraticamente, co que contará Foz, por esta razón pasarase case que dous anos na cárcere de Monforte, compartindo celda con outros represariados galegos.

Este era o ambiente que se vivía en Foz, as ansias e desexos dos focegos e focegas deixarán de ter importancia despois do fatídico 18 de xullo do ano 1936. Esa data cambiará todo e condicionará a vida, o traballo e a cultura dos focegos ao longo de 39 anos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario